CRTVG

Buscar

O PPdeG abre a campaña en Vigo e na Coruña

Publicado o 25/06/2020 15:30

O Partido Popular de Galicia fará a pegada de carteis na Coruña tras celebrar un acto en Vigo. Alberto Núñez Feijóo, candidato á reelección, estará acompañado no Palexco pola cabeza de lista pola provincia, Ángeles Vázquez.

O primeiro grande acto dos populares galegos celebrarase o sábado na praza de touros de Pontevedra, coa presenza de Pablo Casado e Mariano Rajoy, un mitin, iso si, menos numeroso do habitual, polas normas de seguridade actuais.

Noticias web

25/06/2020