CRTVG

Buscar

O PP veta no Parlamento a investigación do baleirado dos encoros e a iniciativa popular para a fixeza dos eventuais

Publicado o 28/09/2021 17:37

Non haberá comisión de investigación sobre o baleirado de 4 encoros en Galicia este verán, cando menos neste Parlamento. Pedíao o BNG, e recibiron a apoio dos socialistas. O grupo popular recordou que os 4 encoros que baleiraron case por completo non son competencia da Xunta, senón da Administración central. Por iso instaron a abrir a comisión de investigación no Congreso.

No Parlamento tamén se debateu esta mañá unha iniciativa popular impulsada polo sindicato CUT que quería a fixeza de todos os eventuais no sector público de Galicia a través dun concurso de méritos. Socialistas e populares recordaron que hai que esperar a que primeiro se reforme no Congreso o marco legal do sector público para dar unha solución global. Pero, mentres que os socialistas estaban dispostos a que a iniciativa se tramitase no Parlamento, os populares entenderon que sería crear falsas expectativas a moitos traballadores eventuais.

 

 

 

Noticias web

28/09/2021