CRTVG

Buscar

O PP superou o 50% en 212 dos 313 concellos e só nun tivo menos do 30%

Publicado o 14/07/2020 18:08
O PP superou o 50% en 212 dos 313 concellos e só nun tivo menos do 30%

A cor azul do PP domina o mapa dos concellos de Galicia tras as eleccións do 12 de xullo, pero nalgúns municipios con máis intensidade ca outros. 

Esta é a lista dos concellos onde o PP obtivo máis porcentaxe de voto. Ata en 3 concellos superou o 80%, noutros 24 quedou por baixo pero sobrepasou o 70%, en 84 rebasou o 60% e en 101 pasou do 50%. En total, en 212 concellos dos 313, os populares conseguiron máis da metade dos sufraxios.

Beariz encabeza a listaxe que acabamos de ver, e outro concello ourensán, Entrimo, lidera a clasificación dos concellos onde os populares obtiveron menor porcentaxe de votos. Entrimo é o único municipio onde o PP baixou do 30%.

Pero no terceiro posto da clasificación tamén está Vigo, o municipio máis poboado de Galicia. Alí, o PP venceu por 732 votos o PSOE tras un reconto moi desputado.    

O partido de Alberto Núñez Feijóo gañou en todos os concellos agás en:

· Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Pedrafita do Cebreiro, Carballeda de Avia, Parada de Sil, Calvos de Randín, Entrimo, Fornelos de Montes e a Illa de Arousa, onde venceu o PSdeG-PSOE.

· Corcubión, Allariz, Verea, A Mezquita, O Grove e Soutomaior, onde a lista máis votada foi a do BNG.

Podes consultar máis datos aquí.

Mañá, nova entrega de análise de datos: onde obtiveron mellores resultados BNG e PSdeG?