CRTVG

Buscar

O PP reivindica os avances en Ourense durante o mandato de Jesús Vázquez

Publicado o 23/05/2019 15:46

Alberto Núñez Feijóo defende que os votantes de Ourense elixen o domingo entre o mellor alcalde das cidades ou a peor oposición. E reivindica os avances durante o mandato de Jesús Vázquez a pesar dos que quixeron, dixo, boicotealo.

O candidato a revalidar a alcadía defendeu que o que fixo nestes catro anos foi histórico, a pesar dixo, dos atrancos que lle puxo a oposición. Afirmou que o domingo a cidade elixe entre o caos dun showman ou a admistración seria que garante o PP.

Para Feijóo os ourensáns poden votar o mellor alcalde das cidades galegas ou a peor oposición. E pide aos votantes de Vox e Ciudadanos unirse na casa común que é, dixo, o PP de Ourense.

Noutro acto electoral, Santiago dixo que o único cambio posible para a cidade é votando a Agustín Hernández.

 

Noticias web

23/05/2019