O PP recorta case tres puntos a súa distancia co PSOE, segundo o CIS

O PP recorta a súa distancia co PSOE en case tres puntos, ata os 6,4 puntos de diferenza, segundo o último barómetro do CIS, que outorga aos socialistas unha estimación de voto do 28,5 cento, fronte ao 29,6 de setembro, e aos populares un 22,1 por cento, 1,6 puntos máis ca hai un mes.
Segundo o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) Vox perde algo de forza, e pasa do 13,8 por cento ao 13,2, xusto o contrario que Unidas Podemos, que ascende cinco décimas, ata o 11,8 por cento dos sufraxios.
Ciudadanos tamén cae medio punto e queda co 6,0 por cento de estimación de voto, mentres que Más País Compromís obtería o 3,0 por cento.
No caso do BNG a enquisa do CIS concédelle un 0,5 por cento dos votos.
O traballo de campo desta enquisa realizouse entre o 1 e o 13 de outubro, coincidindo coa celebración da Convención Nacional do PP, o anuncio do acordo no seo do Goberno de coalición sobre os orzamentos e a futura lei de vivenda que regulará o prezo dos alugueiros e a breve detención do expresidente catalán Carles Puigdemont en Italia.