O PP recorrerá os decretos leis do Goberno ante a Xunta Electoral
Publicado o 04/03/2019 11:15
O presidente do PP, Pablo Casado, acaba de anunciar que o seu partido recorrerá ante a Xunta Electoral central contra os decretos leis que aprobe o Goberno na Deputación permanente do Congreso. Asegura que o Executivo pasou de ser caciquil a empregar, dixo, prácticas mafiosas.