O PP recorrerá ante o Supremo os indultos aos presos do 'procés'
Publicado o 23/09/2020 14:47
Dende o Partido Popular xa anuncian que recorrerán ante o Tribunal Supremo eses indultos, en caso de aprobarse. Pablo Casado acusa a Pedro Sánchez de non defender os intereses de España e de pagar con eles a súa permanencia no poder.
"Sánchez foxe a Bruxelas, a un cumio cancelado, o día en que España entra oficialmente en recesión, o Rei é vetado polo Goberno en Cataluña, a vicepresidenta pacta os Presupostos con Bildu e o ministro de Xustiza anuncia a tramitación dos indultos aos condenados por sedición", declarou o presidente do partido ante a prensa.