CRTVG

Buscar

O PP recorrerá ante o Constitucional a Lei de abusos policiais aprobada no País Vasco

Publicado o 05/04/2019 16:15

Pedro Sánchez di que hai unha posibilidade real de que gobernen as dereitas e chama a unha mobilización masiva para conseguir un goberno estable e progresista.

Pedro Sánchez Secretaria xeral do PSOE: "Gustaríame un Goberno do PSOE con independentes de recoñecido prestixio, progresistas, que continuaran co labor de xiro social que fixemos estes dez meses, de rexeneración democrática e tamén de convivencia en Cataluña".

O líder do PP cre que se os números dan, Sánchez sumará cos independentistas, con Bildu e con Podemos. Pon o foco en que Iglesias estea reclamando o Ministerio do Interior e chama a centralizar os votos no PP.

Pablo Casado Presidente do PP: "Van ao Parlamento vasco e votan co PNV e con Bildu unha lei que insulta gravemente a Policía Nacional e a Garda Civil. Creo que é absolutamente inadmisible. Os que onte lles chamaban nazis á Policía Nacional e á Garda Civil levarían o escano de Javier Maroto se se dispersa o voto en Vox e Ciudadanos".

Casado anunciou que se goberna cambiará a lei para que os delitos de terrorismo non prescriban e que ampliarán a prisión permanente revisable a outros cinco supostos.

Noticias web

05/04/2019