O PP reclama información sobre o edificio que caeu en Vigo
Publicado o 17/02/2021 13:23

Segue a polémica polo edificio que se derrubou a semana pasada en Vigo.
O Partido Popular solicitou o acceso a todos os expedientes municipais do inmoble. Denuncian que o Concello non foi quen de garantir a seguridade da construción. Tamén reclaman coñecer o número de edificios con orde de demolición na cidade.
O Goberno municipal sinalou que lles darán acceso a esa información.