CRTVG

Buscar

O PP ratifica a denuncia contra a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez

Publicado o 02/05/2019 19:42

O voceiro municipal do Partido Popular en Lugo ratificou hoxe nos xulgados a súa denuncia contra a alcaldesa Lara Méndez. Antonio Ameijide di que o Concello acumula máis de 40 contratos caducados o que pode supoñer unha presunta prevaricación e malversación de fondos. Canda el estaban citados a declarar como testemuñas o interventor e o xefe de contratación aínda que finalmente se pospuxeron estas comparecencias por baixa médica da xuíza que abriu as dilixencias previas. 

Antonio Ameijide, voceiro municipal do PP en Lugo: "Na actualidade hai uns 44 contratos caducados no Concello de Lugo e isto supón que os lucenses pagamos máis de vinte millóns de euros cada ano a empresas sen ningún tipo de contrato. No mellor dos casos, hai empresas con contratos caducados, algunhas dende hai oito anos, pero hai casos en que non houbo ningún tipo de contrato dende o primeiro momento".

 

Noticias web

02/05/2019