O PP querélase contra Torra na véspera da xuntanza con Sánchez
O PP denuncia a Torra por usurpación de funcións. No escrito que presentaron ante o Tribunal Superior de Cataluña os populares argumentan que Torra actúa en aberta rebeldía contra o Estatuto e a Constitución ao seguir presidindo a Generalitat pese a perder a condición de deputado. Pablo Casado instou a Pedro Sánchez a cancelar a reunión deste xoves co mandatario catalán por seguridade xurídica.
"A mensaxe que se lles manda ao resto dos españois é perversa: vostedes non cumpran coas súas obrigas fiscais, se nin sequera o presidente do Goberno está deixando claro que non se pode reunir con alguén que foi despoxado das súas competencias por unha sentenza dun alto tribunal como o Superior de Xustiza de Cataluña"
O PSOE espera que dese encontro saia a data da xuntanza da mesa de negociación pactada con Esquerra Republicana.
José Luis Ábalos, ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, dixo: "Eu creo que si. O importante é que se poña en marcha esa mesa que acordamos. Nós queremos deixar ben claro que os compromisos que adquirimos queremos cumprilos porque cremos que abrir espazos de diálogo é fundamental para resolver o conflito en relación con Cataluña"
O pleno do 'Parlament' aprobou este mércores recorrer ante o Supremo a decisión da Xunta Electoral de deixar a Torra sen escano, nunha votación enque os socialistas se abstiveron.