CRTVG

Buscar

O PP propón un candidato alternativo e o PSOE táchao de "fantasía"

Publicado o 05/08/2019 20:48

O Partido Popular comparte as palabras de Filipe VI, que este domingo animou as forzas políticas a esforzárense para buscar un acordo que evite repetir as eleccións. Pero segundo interpretan os populares, o único elemento de bloqueo é Pedro Sánchez. Por iso, pídenlle que se aparte.

Teodoro García Egea, secretario xeral do PP, di que "o dilema pode resolverse impulsando outra candidatura ou mesmo cunha alianza entre os constitucionalistas, mesmo entre Partido Popular e Ciudadanos coa abstención do resto de partidos constitucionalistas e do Partido Socialista"

O número 2 do PSOE di que, se non fóra tan grave, parecería un chiste e insta ao PP a repasar o seu número de deputados.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, di que "non todo o mundo encaixou o resultado electoralm non queren asumir as consecuencias dese resultado e empezan a abordar terreos de fantasía que poñen en cuestión a gobernabilidade neste país. Se teñen alternativade goberno, que a presenten, pero se non a teñen, que deixen que haxa goberno".

Pedro Sánchez retomou con Compromís as negociacións políticias de cara a un hipotético segundo intento de investidura. Acordaron atender as demandas do partido valenciano sobre financiamento e débeda histórica. O líder socialista verase na semana do 19 co PNV. En paralelo, segue as xuntanzas con colectivos sociais, este luns con ecoloxistas e activistas contra o cambio climático.

Noticias web

05/08/2019