CRTVG

Buscar

O PP presentará dous recursos contra os indultos aos presos do 'procés'

Publicado o 25/06/2021 19:51
O PP presentará dous recursos contra os indultos aos presos do 'procés'

O Partido Popular presentará dous recursos contra os indultos: un como partido político e outro que formalizará a título individual o seu presidente, Pablo Casado.

O político vai argumentar a súa condición de prexudicado lembrando que un membro dos Comités de Defensa da República (CDR) realizou buscas en Internet para preparar accións contra a súa persoa.

Pablo Casado reuniuse este venres, na sede central en Madrid, co equipo xurídico da formación para preparar os recursos.

Noticias web

25/06/2021