CRTVG

Buscar

O PP presenta hoxe un recurso no Constitucional contra a chamada lei Celaá

Publicado o 29/03/2021 10:25
O PP presenta hoxe un recurso no Constitucional contra a chamada lei Celaá

O PP presenta hoxe un recurso de inconstitucionalidade contra a nova lei de educación, a chamada lei Celaá.

Argumentan que a norma non garante o uso do español como lingua vehicular e que atenta contra a liberdade dos pais para elixiren centro. Presentará o recurso o líder do PP Pablo Casado acompañado polo presidente de Unión del Pueblo Navarro Javier Esparza.

E no acto tamén participarán algúns representantes da educación concertada. Os populares din que se chegan á Moncloa derrogarán a lei.

Noticias web

29/03/2021