CRTVG

Buscar

O PP pídelle ao Goberno que financie a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Tui

Publicado o 09/11/2020 15:22

O PP pídelle ao Goberno que financie a supresión da peaxe no treito da AP-9 entre Vigo e Tui. Vaillo solicitar a través dunha emenda que presentará ao proxecto de Orzamentos do Estado do vindeiro ano.

A deputada popular Ana Pastor explicou hoxe en Mos que a autoestrada pode servir de alternativa á autovía A-55, unha das que máis circulación e accidentes rexistran do estado, mentres non se constrúa un novo trazado.

Noticias web

09/11/2020