CRTVG

Buscar

O PP pídelle a Sánchez "unidade de acción" ante a vaga de frío

Publicado o 12/01/2021 15:07

O líder do PP, Pablo Casado, visitou esta mañá o centro de emerxencias 112 de Madrid. Fíxoo acompañado da presidenta da comunidade, Isabel Díaz Ayuso.

Pablo Casado ofreceu o apoio do seu partido aos alcaldes que decidan solicitar a declaración de zona catastrófica para os seus municipios. Tamén loou a xestión do Goberno autonómico, do Ministerio de Defensa e do Exército.

A Pedro Sánchez pediulle "unidade de acción, na que non hai cores políticos nin distintos logotipos de administracións. Temos críticas que facer en atrasos ou cousas que se puideron facer mellor, pero estou convencido de que todos puxemos o mellor que puidemos".

 

Noticias web

12/01/2021