CRTVG

Buscar

O PP pide unha comisión de investigación sobre as axudas a Plus Ultra

Publicado o 24/03/2021 16:43
O PP pide unha comisión de investigación sobre as axudas a Plus Ultra

O Ministerio de Transportes admite que houbo un informe da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, pero sostén que non foi decisivo para conceder a axuda de 53 millóns de euros a Plus Ultra.

Hai unha semana, Ábalos aseguraba que o seu departamento non tivera "nada que ver" no rescate da aeroliña.

O Partido Popular pide a creación dunha comisión de investigación no Congreso sobre a concesión das axudas a esta liña aérea.

 

Noticias web

24/03/2021