O PP pide que o CIS se someta a unha auditoría internacional
Publicado o 07/05/2021 15:11
O PP pide que se lle abra un expediente ao presidente do CIS, Félix Tezanos, por falta de neutralidade ao publicar na xornada de reflexión un artigo en que atacaba a candidata popular. Amais, solicitan que o CIS se someta a unha auditoría internacional porque entenden que o organismo non reflicte a realidade do país.