O PP pide que a Audiencia Nacional investigue os disturbios en Cataluña
Pablo Iglesias desvela que a semana pasada falou con Sánchez de indultar os condenados do procés. Pero deixao aí. Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, admite que non falaron "da amnistía, pero do indulto, si, pero esas conversas quedan na Moncloa".
Albert Rivera visitou comercios danados nos altercados da semana pasada. Ciudadanos cre inadmisible en democracia que un parlamento emende os xuíces, en referencia á resolución pactada polo independentismo. Insta a Sánchez a chamar a Torra, pero para comunicarlle o cesamento.
Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, di de Torra: "Corta estradas, aplaude os violentos, quere desobedecer no Parlament de Cataluña as sentenzas do Constitucional e as sentenzas do Supremo. Que máis fai falla para que Sánchez actúe?".
Desde o País Vasco, Pablo Casado compara os incidentes en Cataluña coa kale borroka e pide que sexa a Audiencia Nacional, a competente en delictos de terrorismo, quen investigue os seus promotores.
Pablo Casado, presidente do PP, cre que "se empezamos a estar de acordo en que é terrorismo de rúa, en que é kale borroka, a Audiencia Nacional ten que ser a competente para xulgar todos os procesos que poida haber en canto aos vencellos con Tsunami Democrático, alteracións da orde pública, mesmo os delitos de estragos".
O PP presentou no Congreso unha declaración institucional de apoio ao papel da policía en Cataluña. Quedou rexeitada por falta de unanimidade.