CRTVG

Buscar

O PP redacta unha proposición non de lei para que a ABAU sexa a mesma en toda España

Publicado o 06/06/2019 17:04

O PP está a redactar unha proposición non de lei para que a proba de selectividade, a ABAU, sexa a mesma en toda España. Ou polo menos que teña o mesmo grao de dificultade. Na mesma liña pronunciouse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a conselleira de Educación. Queren que os criterios de avaliación sexan iguais para que ningún alumno se vexa prexudicado.

Dende este luns pasado, máis de 300.000 alumnos realizan as probas de ingreso na Universidade. En Galicia comezarán o mércores da semana que vén.


 

Noticias web

06/06/2019