CRTVG

Buscar

O PP esixe que o voceiro socialista en Ourense abandone o Concello para tratar a censura

Publicado o 25/04/2021 13:10

Hai novidades relacionadas tamén coa posibilidade dunha moción de censura en Ourense. Escríbese un novo capítulo no taboleiro político ourensán, sobre o que pende desde hai meses a remuda de Jácome na alcaldía.

O presidente local do Partido Popular na cidade remitiulle unha carta ao presidente da xestora socialista. Os populares amósanse dispostos a iniciar conversas, segundo din, se o anuncio de Villarino de apartarse é real, sincero e efectivo. É dicir, se sae da corporación.

Noticias web

25/04/2021