CRTVG

Buscar

O PP escala nas enquisas electorais tras a vitoria de Ayuso en Madrid

Publicado o 10/05/2021 14:34
O PP escala nas enquisas electorais tras a vitoria de Ayuso en Madrid

A vitoria de Ayuso nas eleccións madrileñas upa o PP a nivel nacional. É o que din dúas enquisas publicadas hoxe. Na do xornal El Mundo, Casado colócase por diante de Sánchez por primeira vez en tres anos, co 30 % dos votos, cinco puntos máis que os socialistas. Os populares absorberían todos os electores de Ciudadanos e medio millón dos do PSOE.

Datos semellantes na sondaxe de La Razón. Se se celebrasen eleccións xerais, di a enquisa, o PP superaría o PSOE. Vox consolidaríase como terceira forza, pero o bloque da dereita non acadaría a maioría absoluta.