O PP e o PSOE cualifican a tarifa eléctrica galega de "mal negocio"
Primeiro pleno do ano no Parlamento de Galicia. Xa se produciu a primeira votación, neste caso sobre o consumo eléctrico.
Primeiro pleno do ano no Parlamento de Galicia. O BNG presentou unha proposta para levar ao Congreso dos Deputados.
Pedían unha tarifa eléctrica galega e baixar o IVE da factura do 21 ao 4 por cento. Ademais, cren necesario cambiar o modelo de regulación para darlles unha saída ás empresas electrointensivas como Alcoa. Recibiu o apoio de En Marea, pero non dos socialistas nin dos populares. O PSOE dixo que estaba en contra da tarifa eléctrica propia e pediulles aos nacionalistas máis paciencia co Goberno central. O PP cualificou a proposta do BNG como de "mal negocio", porque estiman que Galicia perdería 300 millóns de euros cada ano.
Tamén no pleno, o conselleiro de Facenda deu contas da súa satisfacción polo recente acordo cos sindicatos CCOO e UXT para establecer a carreira profesional na Función Pública, para reducir a temporalidade ata o 7 por cento e para acordar unha suba nos salarios xa a partir deste mes de xaneiro.