CRTVG

Buscar

O PP e o PSOE acúsanse mutuamente de prevaricación pola xestión dos fondos europeos de recuperación

Publicado o 22/06/2021 20:06

EFE

O PP e o PSOE discreparon tamén no Senado pola xestión dos fondos europeos. Os populares acusaron o Goberno de falta de transparencia. Ambos partidos acusáronse mutuamente de prevaricación.

José Manuel Barreiro, PP: "Non me fío de vostedes. Preocúpame que, despois do que vimos hoxe, vostedes utilicen eses fondos para pagar compromisos políticos. Para pagar o tempo de estancia nesa cadeira".

María Jesús Montero, portavoz do Goberno: "Vén aquí o Partido Popular falar de entregas de diñeiro a cambio de favores... Refírese vostede aos fondos europeos ou á Kitchen? Vostede cre que a Comisión Europea entrega os fondos sin sometelos a un control exhaustivo?".


 

Noticias web

22/06/2021