O PP di que os presupostos do Goberno central implican malgasto e suba de impostos
Publicado o 16/10/2021 12:42
O Partido Popular non comparte as estimacións do Goberno central e di que estamos ante os presupostos "da trampa e o malgasto". Os populares consideran que estes orzamentos non van solucionar os problemas dos españois nin conseguir unha recuperación xusta, como reza o lema do proxecto presentado polo executivo de Pedro Sánchez.