CRTVG

Buscar

O PP di que non negociará con Sánchez se mantén 'o pacto da vergoña' en Navarra

Publicado o 28/07/2019 15:10

A vicesecretaria do PP, Andrea Levy advirte que os populares non negociarán nada con Pedro Sánchez nas próximas semanas se o PSOE mantén o pacto en Navarra que cualifican de vergoñento. Asegura que non se pode intentar destruír España para ser presidente.

"Con este PSOE capaz de pactar con Bildu non imos a ningures. A ningures imos ir con este PSOE porque está claro que é quen de vendernos a cada un dos españois por estar un día no sillón da Moncloa", dixo Levy.

Para os socialistas é unha desculpa porque din que Chivite non está negociando con Bildu. Reitaran os chamamentos a todos os partidos, en especial a PP e Ciudadanos, para desbloquear a situacion política.

"Son responsables tamén de que haxa un goberno tendo en conta que cos número e coa composición das Cortes Xerais de hoxe non existe ningunha outra alternativa ao goberno do PSOE", afirmaba a ministra de Sanidade en funcións.

E pídenlle a Podemos que deixe os reproches e mire ao futuro apoiando a investidura cun pacto programático desde fóra do goberno.
.

Noticias web

28/07/2019