CRTVG

Buscar

O PP denuncia o círculo máis próximo a Marlaska polo cesamento de Pérez de los Cobos

Publicado o 12/04/2021 16:13

O PP pide depurar responsabilidades na cúpula de Interior polo cesamento de Pérez de los Cobos. A formación liderada por Pablo Casado presentou unha denuncia por prevaricación contra o círculo máis próximo de Grande-Marlaska.

A acción xudicial ábrese contra o secretario de Estado de Seguridade e man dereita do Ministro, Rafael Pérez, e a directora xeral da Garda Civil, María Gámez. A denuncia sinala que ambos os dous asinaron o cesamento do coronel, que a Audiencia Nacional anulou por consideralo ilegal.

Noticias web

12/04/2021