O PPdeG denuncia o bloqueo do Goberno no traspaso da AP-9
O PP pídelle a Pedro Sánchez e a Iolanda Díaz que deixen de bloquear o traspaso da xestión da AP-9 a Galicia. Aseguran que xa van dez prórrogas nesta tramitación da proposición de lei desde hai tres meses cando o Congreso lle deu luz verde. A titularidade autonómica da autoestrada, permitiría, din, adaptala ás necesidades de Galicia e mellorar a funcionalidade do principal eixo de comunicación na comunidade.
Os populares consideran inaceptable ademais a posibilidade de cobrar polo uso das autovías en Galicia.
Celso Delgado Arce, deputado no Congreso, asegura: "Estamos loitando para que se rebaixen as peaxes da AP-9 e agora non só estan bloqueando a sua tramitacion no congreso, senón que ameazan con cobrar incluso viaxar pola autovía, e inaceptable".