O PP denuncia contratos presuntamente vinculadas a familiares de Compostela Aberta
O PP denuncia 12 novos contratos a empresas presuntamente vinculadas con familiares de membros do equipo de goberno de Compostela Aberta. Desta volta, no Concello da Coruña. Desde o executivo de Martiño Noriega falan de calumnias que, aseguran, estudan levar aos tribunais.
Agustín Hernández, voceiro do PPdeG no Concello de Santiago: "Volvemos solicitar esas explicacións hoxe máis que onte posto que dá a sensación de que aquí hai unha rede que non soamente está espallada en Santiago de Compostela senón que dá a sensación está estendida pola provincia da Coruña cando menos como se fose unha marea de trato de favor".
Marta Lois, edil de Turismo no Concello de Santiago: "A política non debe ser unha esterqueira e non vou entrar no xogo de contestar. Buscaremos e asesoraremónos xuridicamente para levar a cabo as accións pertinentes".