O PP denuncia contratos "a dedo" do BNG no Concello de Lugo
Publicado o 22/01/2021 14:11
O Partido Popular denuncia de novo adxudicación de contratos a dedo na área de Cultura do Concello de Lugo. Desta volta acusan o BNG de fraccionar os contratos da cabalgata de Reis para poder dárllelos así a empresas afíns que non se dedican a ese tipo de actividades e que mesmo son de fóra de Lugo.
Os populares din que tentaron pagar case 60.000 euros, pero como os informes técnicos o impediron, dividiron o pago en sete contratos de menor contía. Os nacionalistas defenden a legalidade das contratacións.