O alcalde de Poio nega que incumprise as restricións, tras as acusacións do PP
Publicado o 16/02/2021 16:43
O Partido Popular de Poio denuncia que o alcalde da localidade se reuniu con amigos nas últimas semanas, incumprindo as restricións impostas pola pandemia.
O grupo municipal di que o fixo na parte traseira dun local comercial. O alcalde nega esas xuntanzas e asegura que sempre cumpriu coa lei. Di que acudiu ao establecemento para facer xestións do Concello e mesmo como cliente particular, pero sempre cumprindo as normas.