CRTVG

Buscar

O PP de Ourense pídelle ao PSdeG que diga se apoia "claramente" un coalición no concello

Publicado o 27/04/2021 11:54
O PP de Ourense pídelle ao PSdeG que diga se apoia "claramente" un coalición no concello

O presidente do PP na cidade de Ourense, Jesús Vázquez, emprazou ao PSdeG para dicir "claramente" se apoia a proposta do seu partido para configurar un goberno de coalición, unha vez culminado o prazo dado polos socialistas para concluír un acordo.

Esta reclamación xorde ante a crise municipal no Concello de Ourense sen posibilidade de acordo, xa que o PSdeG quere que o PP apoie un goberno liderado polo partido máis votado nas eleccións, é dicir o socialista.

Pola súa banda, o PPdeG confirmou o seu veto a un acordo sobre o líder socialista Rafael  Rodriguez Villarino, o que fai case imposible a gobernabilidade.

Nun comunicado remitido aos medios, Vázquez convida o PSdeG a que diga "un simple si ou non" se está disposto a apoiar "un goberno de coalición encabezado por un alcalde ou alcaldesa socialista", aínda que o veto ao candidato socialista parece afastar dita posibilidade.

Sobre esta situación, Vázquez asegurou que a proposta impulsada polo PP é "a mesma" que a presentada fai seis meses sen que polo momento obtivese resposta. "Obviar que só mediante unha coalición dos dous principais partidos políticos se pode garantir a estabilidade na gobernabilidade de Ourense é a estratexia do PSOE centrar a atención en algo que saben que nunca vai suceder", apuntou Vázquez.

O presidente do PP ourensán advertiu de que o seu partido "nunca" vai "regalar" a alcaldía ao PSOE para que goberne en minoría "porque o que precisa a cidade neste momento é un goberno estable, de maioría e solvente".