CRTVG

Buscar

O PP de Lugo pide o desdobramento da Rolda Norte

Publicado o 26/04/2021 21:39

Concelleiros e senadores do Partido Popular de Lugo reclaman do Goberno central que se execute o desdobramento e alumeado da Rolda Norte, que cualificaron de débeda históricoa coa cidade.

Os populares din que as obras son imprescindibles para garantir a seguridade e accesibilidade dos usuarios do polígono das Gándaras e os residentes nesa zona da cidade. Lembran tamén que a Xunta xa ten proxectada a ampliación do polígono polo que reforzar os traballos será máis necesario.

O PP vai presentar iniciativas no concello e o Senado para que se execute o desdobramento.

 

Noticias web

26/04/2021