CRTVG

Buscar

O PP critica a falta de concreción do Goberno no seu plan para o Xacobeo

Publicado o 23/06/2021 20:19

O Partido Popular critica a escasa ambición do Goberno no seu apoio á celebración do Ano Xacobeo. Os populares levaron ao Congreso unha proposición non de lei na que critican que o executivo non consensuase coas comunidades autónomas a elaboración do Plan Nacional Xacobeo. Lamentan a falta de concreción das medidas e que o seu orzamento sexa moi inferior ao que manexa a propia Xunta.

Jaime de Olano, do PP, criticou a "escasa ambición económica, pois dotan o plan con 60 millóns e medio de euros cada ano para actuacións en toda España, o que contrasta cos máis de 85 millóns que inviste Galicia só no territorio da comunidade autónoma".

Noticias web

23/06/2021