CRTVG

Buscar

O PP cre que a proposta do Goberno ataca a autonomía fiscal das comunidades autónomas

Publicado o 13/04/2021 14:55

O Partido Popular critica o que denomina "machadazo fiscal" do Goberno, en contra da estratexia dos principais países europeos. E cre que a proposta de Facenda vai en contra da autonomía fiscal das comunidades autónomas. Por iso o PP presenta unha emenda para garantir ese dereito.

Cuca Gamarra, voceira do PP no Congreso: "Que se siga garantindo a autonomía fiscal, e que calquera reforma ten que contemplar a baixada de impostos. Amais, a eliminación do imposto de patrimonio, sucesións e doazóns. Non a consolidación que plantea o Goberno".

Noticias web

13/04/2021