CRTVG

Buscar

O PP cre que a liberdade de expresión está garantida en España e ve innecesario reformar o Código Penal

Publicado o 09/02/2021 15:10

Para o Partido Popular, a liberdade de expresión está garantida en España e non cre necesario reformar os artigos do Código Penal referentes aos delitos de opinión, tal e como propón o Goberno.

A súa voceira no Congreso, Cuca Gamarra, convida o PSOE "a que hoxe chame cen españois, que colla unha guía de teléfonos, e que lles pregunte cales son as súas preocupacións. Non atopará ningún que lle diga que a súa preocupación é a reforma do Código Penal en relación aos delitos que atentan contra o honor".

Noticias web

09/02/2021