CRTVG

Buscar

O PP contacta coas entidades en contra de prohibir a caza do lobo

Publicado o 03/03/2021 14:46

Malia os peches de arame electrificado, no monte comunal de Friol todos os anos reciben ataques de lobos que lles matan unha decena de poldros. Apostan pola convivencia entre lobos, gando e veciños, pero cren que a prohibición da caza é unha medida precipitada e que pon en risco o traballo que levan feito.

Representantes do Partido Popular de Lugo desprazáronse ata aquí para apoiar a comunidade de montes, que se une ás numerosas entidades que rexeitan a prohibición total da caza do lobo. Unha oposición que o PP levou ás sedes parlamentarias

Os conselleiros de Medio Ambiente de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León mantiveron unha reunión telemática con representantes das principais organizacións agrarias do Estado para poñer de manifesto o seu rexeitamento á prohibición e buscar estratexias conxuntas para revertela.

Noticias web

03/03/2021