CRTVG

Buscar

O PP celebrará en outubro, en Valencia, a súa convención nacional

Publicado o 14/06/2021 15:10

O PP vai celebrar en Valencia, a principios de outubro, a súa convención nacional. Dáse a coincidencia de que tamén o PSOE celebrará nesa mesma cidade o seu Congreso Federal, dúas semanas despois dos populares.

Con esta cita, Pablo Casado aspira a ensanchar o electorado do Partido Popular. "Somos un partido que está onde sempre, pero que, dende onde está, quere ensancharse cada día máis, atraer moitos máis, desde a nosa esquerda e a nosa dereita, arredor dun proxecto razoable e centrado no que España necesita", declarou o presidente do partido no acto de presentación da convención.

Noticias web

14/06/2021