CRTVG

Buscar

O PP carga contra o Goberno no Senado polos indultos aos presos do 'procés'

Publicado o 25/05/2021 20:30

Por escrito e de viva voz. O Partido Popular expresouse no Senado contra os indultos aos presos do procés, e lamentou que o Goberno se prepare para concedelos apelando ao interese xeral. A senadora popular Cristina Ayala cre que "son de interese particular, moi particular, e só de Sánchez. Cos indultos están lanzando a mensaxe de que a xustiza non é igual para todos, de que ten prezo, e o prezo son os votos para a investidura ou para os presupostos".

O ministro responde que estudarán cada caso por separado no seu momento, pero que agora a pelota está no tellado do Supremo: "Vostede imaxina o que estaría dicindo deste ministro de Xustiza se estivese adiantando un prognóstico sobre os indultos? Diríame: 'está desprezando o Tribunal Supremo. Vostede non respecta nin a lei, nin os procedementos, nin o Tribunal Supremo nin o Goberno".

Unha semana despois da crise migratoria en Ceuta, a oposición cuestionou a resposta do Goberno. Juan José Imbroda, do PP, dicia que "é intolerable que Marrocos cometera esa felonía de invadir Ceuta, porque foi invasión. E vostedes son un Goberno débil".

 O ministro do Interior pedíalles prudencia: "Coiden a política exterior e non faga manifestacións respecto a un socio tan especial e tan extraordinario como é o reino de Marrocos".

Marlaska defendeu que a resposta do Goberno foi rápida e contundente, e que 6.000 dos infiltrados estaban de volta en Marrocos ás 48 horas.

Noticias web

25/05/2021