O PP arremete contra Sánchez por permitir a reapertura das embaixadas de Cataluña
O Partido Popular considera "absolutamente inaceptable" que o Goberno de Pedro Sánchez permita a apertura das embaixadas de Cataluña no estranxeiro en vez de pedirlle a Quim Torra que dimita por estar inhabilitado. Desde o PP inciden en que o obxectivo das embaixadas é o de atacar a España.
"Iso é o que está permitindo Pedro Sánchez. Por que? Porque Pedro Sánchez hoxe dorme na Moncloa grazas a Esquerra Republicana de Cataluña. Porque Pedro Sánchez é abolutamnte consciente de que se fai o que ten que facer, é dicir, defender a unidade nacional, defender a igualdade de todos os españois, defender a Constitución, pararlle os pés á Generalitat de Cataluña, entón Pedro Sánchez non vai poder sacar adiante os presupostos xerais do Estado", declarou o vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Montesinos.