CRTVG

Buscar

O PP acusa a Podemos de atacar a monarquía buscando un cambio de réxime

Publicado o 24/12/2020 13:12

Dende o Partido Popular acusan a Podemos de atacar a monarquía porque queren cambiar de réxime. O seu voceiro no Senado defende a figura de Filipe VI.

"A figura de Filipe VI é unha figura exemplar. Non debemos seguirlles o xogo a aqueles que perseguen un obxectivo político que é acabar coa monarquía, acabar coa España constitucional que coñecemos. Podemos, dígoo expresamente, ataca, permanentemente, non só a xefatura do Estado, ataca a separación de poderes", dixo Javier Maroto.

Noticias web

24/12/2020