CRTVG

Buscar

O PP acusa a Pedro Sánchez de abandonar as comunidades autónomas na loita contra a pandemia

Publicado o 19/01/2021 15:01

O PP cre que as comunidades autónomas se enfrontan en solitario á pandemia, e critica que o Goberno central se opoña a medidas como o toque de queda en Castela e León. Por iso os populares piden a comparecencia de Pedro Sánchez, ao que acusan de abandonar a loita contra o coronavirus. 

"Que saia o comandante do búnker e explique por que abandona os presidentes autonómicos, os do PP e os do PSOE", afirmou Teodoro García Egea, secretario xeral do Partido Popular.

 

Noticias web

19/01/2021