CRTVG

Buscar

Casado apunta á abstención do PP e censura o "estrepitoso fracaso" do Goberno

Publicado o 06/05/2020 14:00

O presidente do PP, Pablo Casado, dixo que "a lealdade do PP non é co seu Goberno, senón cos españois, por iso non imos apoiar o estado de alarma". Con todo, engadiu que "mantemos o compromiso de non votar en contra" da prorrogación.

"Existen varios instrumentos legais moito máis precisos para xestionar o mando único", dixo Casado, que engadiu que "o que non se pode é manter a arbitrariedade do Goberno con poderes excepcionais".

O líder da oposición acusou o presidente de pretender trazar un relato á marxe da realidade. "Faino mentindo sobre as causas da grave afectación do coronavirus". As explicacións do Goberno, dixo Casado, "son máis propias dun curandeiro ca dun comité científico".

Ademais censurou a "imprevisión dolosa" do Goberno ante a pandemia e acusouno dun "estrepitoso fracaso da xestión" da crise. "Todos os partidos, organizacións empresariais e sindicatos enterámonos pola televisión do sudoku que chamaron plan de desescalada".

Noticias web

06/05/2020