CRTVG

Buscar

O PP abandona o pleno da Deputación de Lugo, que rexeitou reprobar a José Tomé

Publicado o 27/04/2021 19:31

O grupo do Partido Popular abandonou esta mañá o pleno da Deputación Provincial de Lugo. Fixérono como protesta ao non sair adiante a súa proposta para reprobar o presidente do organismo polas declaracións que fixo sobre a vestimenta da presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, que os populares califican de machistas. Mesmo algúns membros do PSOE lugués coincidiran en condenar as palabras de José Tomé. O pleno rexeitou a reprobación cos votos dos deputados socialistas e do BNG. As declaracións do presidente producíranse hai tres semanas logo dunha concentración de alcaldes do PP para protestar polo mal estado das estradas provinciais.

Noticias web

27/04/2021