CRTVG

Buscar

O positivo dunha traballadora obriga a pechar as visitas a un xeriátrico de Xove

Publicado o 24/07/2020 10:24

O positivo por coronavirus dunha traballadora obriga a pechar ás visitas un xeriátrico de Xove. Os 126 internos serán sometidos a probas PCR. 

A traballadora reside en Viveiro e recibiu hai uns días a visita duns familiares procedentes de Hospitalet de Llobegrat, Barcelona. Un deles desenvolveu síntomas, e por esa razón lles fixeron as probas a todas as persoas con que estivo en contacto.

Os usuarios da residencia de maiores serán sometidos hoxe ás correspondentes probas PCR para descartar posibles contaxios de coronavirus, segundo informou a Efe o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

O rexedor local, que falou nas últimas horas coa directora da residencia, explicou que "as compañeiras que están na mesma quenda" que a traballadora infectada, catro en total, "están xa en corentena", tendo en conta que o contacto entre elas é máis estreito.

En todo caso, Salgueiro confirmou que a dirección da residencia, aínda que existe preocupación, confía en que as medidas de seguridade adoptadas desde o inicio da pandemia, como o uso de medidas de protección por parte do persoal, sexan suficientes para evitar contaxios entre os residentes.

Para destacar máis casos, "faráselles a proba a todos hoxe mesmo", dixo o alcalde.