É oficial: o positivo e o confinamento do Breogán obriga a suspender o derbi ante o Leyma Coruña
Publicado o 27/10/2020 14:54
O Leyma-Leite Rio Breogán non se vai xogar este sábado no Pazo de Riazor.
E todo porque o conxunto breoganista segue confinado. E vai estar ata o sábado. As autoridades sanitarias da Xunta non permiten que volva á actividade, por moito que as PCR feitas nos últimos deran negativo. A Xunta, neste caso, está por riba da potestade federativa.
Xogar o sábado é un imposible e o domingo, cun único adestramento, non é do agrado do Leite Rio, que tivo un positivo a pasada semana. Leva confinado desde o xoves.