O Porto insistie en responsabilizar o Concello de Vigo do accidente do Marisquiño
Publicado o 21/02/2019 15:19
O ex-director de Emerxencias da Xunta e a Autoridade Portuaria seguen responsabilizando o Concello de Vigo do accidente do Marisquiño. Asegurárono esta mañá na comisión parlamentaria que investiga este sinistro. Os dous fixeron fincapé en que o evento carecía de licenza municipal polo que non debía celebrarse.