CRTVG

Buscar

O Porto demanda o Concello de Vigo polo mantemento do paseo das Avenidas

Publicado o 28/06/2019 18:10

A disputa entre o Porto e o Concello de Vigo polo mantemento do paseo das Avenidas, a zona que se derrubou, en parte, durante o festival O Marisquiño, chega aos xulgados. A Autoridade Portuaria anunciou hoxe a interposición dun recurso contencioso-administrativo e, en paralelo, a apertura de reunións técnicas para renegociar o convenio que regula este ámbito urbanístico. 

Case un ano despois do afundimento de parte do paseo das Avenidas durante un concerto e en que resultaron feridas unhas 400 persoas, xudicialízase o enfrontamento entre o porto e o concello para dirimir quen ten a responsabilidade do mantemento do lugar.

Segundo o presidente do porto, a vía xudicial vai paralela á convocatoria de xuntanzas técnicas para renegociar o convenio urbanístico que rexe o ámbito, chamado Abrir Vigo ao mar, antes de que expire, o vindeiro mes de outubro. Polo de agora, o concello de Vigo non se pronunciou.  

Noticias web

28/06/2019