CRTVG

Buscar

O porto de Vigo bate marcas en tráfico de mercadorías en agosto

Publicado o 27/09/2021 11:07
O porto de Vigo bate marcas en tráfico de mercadorías en agosto

A crise dos microchips non logrou frear a marcha do porto de Vigo. Rexistra o mellor agosto desde 2007, concretamente moveu máis de 370.000 toneladas de mercadorías o pasado mes, unha cifra excelente tendo en conta precisamente os problemas de produción de vehículos.

Por outra banda, o tráfico acumulado entre xaneiro e agosto foi de tres millóns de toneladas, un 13 por cento máis respecto ao ano 2020. A automoción, o granito, a pesca conxelada, alimentos e materiais de construción foron as principais mercadorías.

Ademais, segundo a Autoridade Portuaria de Vigo, as cifras foron moi positivas en tráfico de contedores manipulados con guindastre. Neste aspecto aseguran que o mes de agosto foi o mellor de toda a historia do porto vigués.

Por outra parte, como curiosidade, experimentaron un grande aumento as descargas e venda en lonxa do peixe sapo, o que ven xa como un bo valor comercial.

Noticias web

27/09/2021