O porto de Ferrol e a Xunta piden a creación dunha zona franca
Publicado o 01/06/2021 20:51

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, sinalou que a Xunta está á espera de que o presidente do Goberno nomee un interlocutor para impulsar o Pacto de Estado da comarca de Ferrol.
Díxoo no primeiro encontro que mantivo coa Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para seguir avanzando neste pacto que busca resolver os problemas demográficos, económicos e laborais de Ferrolterra. De feito, un dos eixes fundamentais do pacto é o de reforzar as actividade industriais estratéxicas, como o naval.